Convocatoria
No contexto da Semana de Mobilización contra as Patentes de Software a FFII está a organizar nestes momentos en Galiza un clono do EuroLUG celebrado recentemente en Bruxelas e tamén charlas e debates para difundir e visibilizar a problemática relacionada coas patentes de software. Se tes dúbidas sobre o tema das patentes, tes info en galego e tamén noutros idiomas na web da campaña de patentes da FFII.
Xoves 13 - Entrega de sinaturas diante do Ministerio de Industria (Madrid)
Entrega no Ministerio de Industria de 25 mil sinaturas recollidas en todo o Estado contra as patentes de software. En toda Europa, a Petición de EuroLinux por unha Europa Libre de Patentes de Software, xuntou arriba de 320 mil sinaturas a prol desta causa. De forma paralela, hai convocadas diversas actividades, que en Galiza se desenvolverán en Vigo e Santiago. Organizado por ProInnova, co apoio e a colaboración da Asociación de Técnicos de Informática, Hispalinux, a Asociación de Internautas, Comisiones Obreras e Caliu, e coa axuda de FFII e mais EuroLinux no marco de outras accións a nivel europeo.
Máis información: http://kwiki.ffii.org/index.cgi?DemoMadrid040513Es
Venres 14 Encontro Informativo sobre Patentes de Software
Trátase dun encontro para intercambiar experiencias e posturas sobre a problemática das patentes de software entre as personas que participan nos distintos GUL galegos (Grupos de Usuarios de Linux), e xentes da política, da cultura e da empresa aproveitando a presenza de Camilo Nogueira ese día en Santiago de Compostela.
Hora: 10:00-10:30 Posta en común sobre a directiva de patentes
- Participantes:
_Suso_Ba_lea to da FFII: Informe da FFII sobre a tramitación da directiva
Camilo Nogueira: Posicionamento público do BNG sobre a Directiva de Patentes*
Hora: 10:30-12:00 Encontro cos GUL galegos
- Participantes:
EMPRESAS: Foron invitadas as integrantes das Empresas Galegas Adicadas a Internet EGANET das que esperamos a súa participación. Polo momento confirmaron a súa asistencia:
Tagen Ata Cooperativa Galega de Traballo Asociado
Grupos de Usuari@s de Linux Integrantes dos GUL galegos, interesados na posta en marcha dunha Coordenadora Galega contra as Patentes de Software, mostrarán o Linux funcionando a empresarios e políticos para dar pé a falar das vantaxes do software libre e do problema que supoñen as patentes. A nosa experiencia é que o mellor para esto e levar portátiles con linux preinstalado que sexan capaces de mostrar vídeos, executar aplicacións tipo openoffice ou aplicacións e xogos o máis vistosos posibel. Se alguén se atreve a instalar un Linux gráfico, ou mostrar algunha Live-CD serían tamén ideas benvidas. Estes son os LUG invitados a participar, que están confirmando masivamente a súa asistencia:
GPUL, http://www.gpul.org/ (A Coruña)
GLUG, http://www.glug.es/ (Santiago)
GALPON http://www.galpon.org/ (Pontevedra)
GULO http://www.gulo.org/ (Ourense)
AUSLAE http://www.auslae.org/ (A estrada)
AGNIX http://www.agnix.org/ (A Coruña)
(engade o teu se falta e lembra rexistralo en http://www.libroblanco.com/html/index.php)
Local: O encontro será entre as 10:00 e as 12:00 da mañá na sede nacional do BNG que está na Avenida Rodríguez de Viguri, 16 xusto enfrente da Estación de Autobuses de Compostela, gracias ao ofrecemento de Ana Miranda do BNG-Europa.
Sábado 15 - Charla-debate sobre as patentes de software
Estamos a organizar unha charla informativa sobre o tema das patentes que terá lugar o próximo sábado na Casa Encantada. Podedes ver o cartaz co anuncio e tamén o tríptico informativo que estamos elaborando.
- Local: A Casa Encantada -- Rúa de Betanzos 35 baixo (Santiago de Compostela)
- Hora: 20:00
Cómo chegar
Qué é a FFII
A Fundación por unha Infraestructura de Información Libre (FFII) é unha asociación sen ánimo de lucro rexistrada en Munich adicada á difusión de pr. A FFII promove o desenvolvemento de bens públicos baseados nos dereitos de propriedade intelectual, libre competencia e estandares abertos. Máis de 400 membros, 1000 empresas e 60000 asinantes validan á FFII para actuar no seu nome en cuestións de políticas públicas na área de abusos sobre os dereitos de propriedade intelectual no procesamento de datos.
Contactos da FFII para prensa
- Hartmut Pilch +49-89-18979927 (German/English/French)
- Jonas Maebe +32-485-36-96-45 (Dutch/English)
- Erik Josefsson +46-707-696567 (Swedish/English)
- Thierry Coutelier +352 406776 (French/German/English)
- Benjamin Henrion +32-498-292771 (French/English)
- Dieter Van Uytvanck +32-499-16-70-10 (Dutch/English)
- Tomasz Marciniak +48-61-8779-208 (Polish)
- Stepan Kasal +42-0-257323410 (Czech)
- James Heald +44 778910 7539 (English)
- Suso Baleato (Spanish/Portugues/English)
